E que podo facer eu? / José Campanari
por Campanari, José [autor/a]; Cisneros, Jesús [ilustrador/a]; Núñez, Marisa [tradutor/a].
Tipo: Material visualSeries: Colección O.Editor: Pontevedra : Oqo , 2008 Descrición: 40 p. :il. col. ; 25x23 cm.ISBN: 9788498710496.Materia(s): Preocupacións | Noticias | Xornais | Igualdade | SoliedariedadeRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: O señor Xe le as noticias do xornal e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu? Un día atopa unha resposta; outro día, outra; e outra máis… Cómpre que os nenos e as nenas saiban que as cousas non son tan doadas para todos. Revelándolles desde ben pequenos, os matices da realidade máis próxima, aínda que, sen que teñan que padecer esas situacións dramáticas, xa poden ir tomando conciencia de como é o mundo que os rodea. Con esta lectura comprenderán ademais, que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social. Este álbum lémbranos que hai que ver máis alá de nós mesmos, e esforzarse un pouco máis en axudar a quen o necesita. Son moitas as cousas que, case sen nos decatar, podemos facer. Abonda con abrirmos os ollos e aprendermos a mirar. Asemade, trata temas como a solidariedade, os valores humanos, e anímamos a que manteñamos unha actitude xenerosa que de seguro contribuirá ao noso crecemento persoal e a que a nosa vida sexa máis satisfactoria. En resumo, un raio de esperanza para que comecemos a cambiar o planeta e nos enfrontemos aos problemas do noso tempo. Jesús Cisneros combina no traballo plástico, acuarela, tinta e lapis, co traballo dixital, nunhas ilustracións onde a cor e a composición representan un importante papel: espazos baleiros que se enchen a medida que avanza a acción e que nos amosan a evolución persoal do protagonista no plano da imaxe.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP María Pita Sala préstamo | 82N-G CAM que | Dispoñible | CEC059000000620 |
|
O señor Xe le as noticias do xornal e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu? Un día atopa unha resposta; outro día, outra; e outra máis…
Cómpre que os nenos e as nenas saiban que as cousas non son tan doadas para todos. Revelándolles desde ben pequenos, os matices da realidade máis próxima, aínda que, sen que teñan que padecer esas situacións dramáticas, xa poden ir tomando conciencia de como é o mundo que os rodea. Con esta lectura comprenderán ademais, que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social.
Este álbum lémbranos que hai que ver máis alá de nós mesmos, e esforzarse un pouco máis en axudar a quen o necesita. Son moitas as cousas que, case sen nos decatar, podemos facer. Abonda con abrirmos os ollos e aprendermos a mirar. Asemade, trata temas como a solidariedade, os valores humanos, e anímamos a que manteñamos unha actitude xenerosa que de seguro contribuirá ao noso crecemento persoal e a que a nosa vida sexa máis satisfactoria. En resumo, un raio de esperanza para que comecemos a cambiar o planeta e nos enfrontemos aos problemas do noso tempo.
Jesús Cisneros combina no traballo plástico, acuarela, tinta e lapis, co traballo dixital, nunhas ilustracións onde a cor e a composición representan un importante papel: espazos baleiros que se enchen a medida que avanza a acción e que nos amosan a evolución persoal do protagonista no plano da imaxe.
1º-2º Primaria
4º-5º-6º Educación Infantil